Thursday 16 de May de 2024

Un total de 45 veciños e veciñas de Frades percorren os 14 km entre Fisterra e Lires


A segunda e derradeira etapa, os 16 km entre Lires e Muxía, terá lugar o sábado 23 de marzo

Un total de 45 veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana na primeira das dúas etapas do Camiño de Fisterra a Muxía, organizado polo Concello de Frades despois do éxito acadado con anteriores itinerarios que levaron á veciñanza a percorrer case 250 quilómetros de camiños xacobeos. Unha viaxe inicialmente programada para o pasado 2 de febreiro pero que tivo que ser aprazada debido ás malas condicións meteorolóxicas.

Unha andaina de 14 quilómetros que tivo lugar o pasado sábado, partindo de Fisterra para chegar á localidade de Lires. Unha xornada na que os veciños e veciñas puideron desfrutar das magníficas paisaxes da Costa da Morte. O alcalde de Frades, Roberto Rey, acompañou aos camiñantes e anunciou que a seguinte etapa terá lugar e sábado 23 de marzo: 19 quilómetros entre Lires e o santuario da Virxe da Barca, en Muxía.

O prezo será o mesmo que nas etapas anteriores: 10 euros. Un autobús levará aos camiñantes ás 8:00 horas de Frades ata o inicio do percorrido e recolleraos en Muxía para volvelos achegar a Frades. As persoas que participen poden decidir se levar xantar da casa ou acordar un lugar común onde xantar. As inscricións poden formalizarse no Concello de Frades ou chamando aos teléfonos 981 695 567 ou 981 695 663.